lunes, 7 de abril de 2014

Fisober B - Troula. 3-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – TROULA. 3-2.

FISOBER “B”: Anabel, Laura, Tamara, Natalia e Inés ; tamén xogaron : Paula Fandiño, Alejandra e Andrea.


TROULA : Estefanía, Silvia, Olaya, Gloria e Sarela ; tamén xogaron : Noelia, Sandra, Yvonne, Susana , Ana e Rebeca.

ÁRBITRO : Vicky Mosquera , CRONO : Mary Mendoza.

GOLES : 1-0 Inés, 1-1 Silvia  , ( descanso ) , 2-1 Inés, 3-1 Natalia, 3-2 Olaya.

O partido da Liga Provincial, que se disputaba unha vez finalizado o de Nacional ,  si se trasladou para o Pavillón de Ponte do Porto pola humidade no Pavillón de Vimianzo, tralo acordo de árbitros e ambos equipos.

Nun  enfrontamento  no que o mellor para as da Costa foron os tres puntos ,xa que fixeron un mal partido . Ademais por fin racharon ca maldición de Ponte do Porto xa que cada vez que lles tocaba xogar neste Pavillón perdían.

As locais sabían da primeira volta que o arranque do Troula era perigoso  e debían andar atentas a isto. 

Aínda que controlaron estes primeiros minutos o filial do Fisober nunca se atopou cómodo no partido.

Acadaban ocasións froito de xogadas aisladas, pero sen xogo , nin combinar. De novo tocaba o día malo e irregular . Algunha que outra ocasión para Paula Fandiño ou Inés que non acertaban na definición. O mesmo pasaba na outra área para as visitantes que non eran quen de superar a Anabel.

Un penalti que transformaba  Inés mediada está primeira metade adiantaba as locais. Pero a oito para a chegada do tempo de lecer Silvia poñía a igualada no electrónico . Mesma tendencia nestes últimos minutos ata que os equipos se foron os vestiarios.

Na segunda metade non cambiou o guión, as locais demasiado nerviosas e precipitadas no seu xogo. Inés poñía o dous a un no tanteador os sete minutos desta segunda metade.

A visitante Ana estivo a piques de igualar pero o seu lanzamento foi dun pau o outro e non quixo entrar. Partido tolo con ocasións para ambos equipos.

Os últimos minutos foron aínda máis tolos co resto do partido. A seis para o fin Paula Fandiño enviaba o seu lanzamento o trabe.

A tres para o fin Natalia aproveitaba un rexeite para facer o tres a un , supostamente  da tranquilidade. Pero non foi así xa que un minuto despois Olaya transformaba un penalti para o tres a dous definitivo.

No  último  minuto  a local Inés disfrutou dun dobre penalti que non aproveitou.


No hay comentarios:

Publicar un comentario